Xoán Carlos I volve navegar no Bribón malia que se cancelou a regata
Xoán Carlos I volve navegar no Bribón malia que se cancelou a regata
Ante o aprazamento da competición don Xoán Carlos I capitaneou o Bribón 500 fóra de regata
As condicións meteorolóxicas con poucos ventos impediron a saída dos barcos
A segunda xornada de regatas do Trofeo InterRías que contaba coa participación de Xoán carlos I a bordo do Bribón 500 cancelouse de xeito defintivo este sábado por mor da inestabildade de dirección e intensidade do vento que soprou durante a xornada en Sanxenxo.
Nun primeiro momento adiouse pola mañá o comezo da competición, previsto para as 13:00 horas. Despois dunha longa espera os barcos participantes tomaron posicións no campo de regatas de cara a comezar pola tarde, pero pasadas as 17:00 horas puxeron rumbo ao peirao polas deficientes condicións meteorolóxicas para navegar.
O exxefe do Estado si navegou e capitaneou o Bribon 500 pola ría por primeira vez nos últimos tres anos, e a diferenza do que sucedeu o venres, estaba previsto que competise como tripulante da embarcación nesta proba da Copa de España na modalidade de seis metros.
Pouco antes das once da mañá o rei honorífico chegaba o Naútico de Sanxenxo en coche acompañado por Pedro Campos.
A diferenza de onte, hoxe o rei Xoán Carlos subiuse abordo do Bribón para poder participar, xunto a tripulación do barco, na regata. Así nolo comentaba Pedro Campos aos medios ao pouco de chegar o peirao.
Pero o vento non foi un aliado. E a regata, con saída prevista para a unha da tarde, tivo que aprazarse. Nese tempo houbo momentos para charlar, para facerse fotos e incluso para saudar a estes pequenos e pequenas regatistas.
Momentos que desataron moita expectación tanto mediática como popular nos arredores do Naútico de Sanxenxo. De feito, a pesar da encalmada, o rei Xoán Carlos achegouse abordo do Bribón e acompañado da tripulación para saudar os alí presentes. Mañá será a última e derradeira xornada deste Campionato de España de vela.