Cargando resultados...
A néboa afectou este domingo á actividade no aeroporto de Alvedro na Coruña
A néboa afectou este domingo á actividade no aeroporto de Alvedro na Coruña
O voo procedente de Valencia non puido aterrar na terminal coruñesa e foi desviado a Asturias
Un avión engala no aeroporto de Alvedro
G24.gal
10/11/2024 20:50
Na Coruña a xornada transcorreu envolta nunha néboa persistente que complicou o tráfico aéreo. Os máis afectados foron os pasaxeiros do voo procedente de Valencia que debía aterrar na terminal de Alvedro ás dez e vinte da mañá e que finalmente foi desviado a Asturias.
Como resultado desta incidencia, o enlace A Coruña-Valencia demorouse máis de seis horas.
Ademais, un dos voos da tarde procedente de Madrid tomou terra con media hora de atraso despois dunha primeira aproximación a pista frustrada pola mala visbilidade.