Os aeroportos galegos afrontan unha fin de semana de intensa actividade
Os aeroportos galegos afrontan unha fin de semana de intensa actividade
Os aeroportos galegos afrontan a última fin de semana de agosto con 359 voos programados desde o venres ao domingo
Este sábado hai 112 conexións previstas, 65 na terminal de Santiago
Os aeroportos galegos afrontan unha fin de semana de intensa actividade aérea ao coincidir co retorno das vacacións de verán. Nas terminais de Santiago, Vigo e A Coruña van operar este sábado 112 voos. O venres aínda houbo maior movemento con dez conexións máis.
"Viñemos un grupo de amigos a Vigo, necesitabamos descansar. Agora parece que se estraga o tempo, pero nós tivemos sorte".
"Estivemos na Ribeira Sacra, en Manzaneda, coincidiu e vimos a Volta Ciclista a España".
"Vin con meus pais unha semana a Galicia. Estivemos na Costa da Morte, A Coruña e agora a Santiago".
"Nada malo nunca, non hai queixa de nada. Un día de chuvia? Pois, gozalo, isto é Galicia", contan os viaxeiros.
Nesta xornada hai 65 voos programados no Rosalía de Castro, 28 en Peinador e 19 en Alvedro.
"Toca volver á casa e o luns, traballar". "Así deixamos de gastar cartos".
"Somos mestras e toca volta ao cole", din algúns pasaxeiros.
Con máis ilusión embarcan os que deixaron vacacións para setembro.