Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nos aeroportos galegos operan 125 voos neste primeiro día de setembro

Nos aeroportos galegos operan 125 voos neste primeiro día de setembro

Remata unha das fins de semana de maior tráfico aéreo do ano

As rutinas e obrigas laborais volven esta semana para a maioría das familias que finalizan as vacacións este domingo

Dous de cada dez españois colle vacacións en setembro

G24.gal 01/09/2024 14:52

"Irmos á París é un regalo para a nena".

"Imos a Valencia unha semana, a ver se non vai moita calor".

"Vimos agora, que marcha o turismo todo, e podemos aproveitar máis relaxados e máis tranquilos".

"Setembro é o mellor mes para viaxar, podendo...", contan varias persoas antes de embarcar.

Un 17 por cento dos españois irá de vacacións este mes de setembro, segundo datos do Observartorio Nacional de Turismo. Son a envexa dunha maioría que este domingo collían o avión para volver á casa. 

O aerorpoto Rosalía de Castro de Santiago concentra 76 voos das 125 conexións que Anea programou para este domingo en Galicia. Amais do billete, a  volta tamén necesita actitude.

"Con moitas ganas despois dun verán inesquecible", di unha pasaxeira.

Esta é unha das fins de semana de maior movemento nos aeroportos galegos, con preto de 360 voos dende o venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade