Xoán Carlos I abandona Galicia tras dúas semanas de regatas e visitas familiares
Xoán Carlos I abandona Galicia tras dúas semanas de regatas e visitas familiares
Chegara o 23 de setembro para participar na competición que leva o seu nome e no Trofeo Xacobeo de vela
Tamén mantivo un encontro "familiar e privado" con Filipe VI, Letizia e a princesa Leonor na Escola Naval de Marín
Xoán Carlos I abandonou este domingo Galicia, despois de dúas semanas, tras participar na regata que leva o seu nome e no Trofeo Xacobeo de vela, que este ano poñía en xogo o título continental da clase 6 metros.
Apenas 24 horas despois de revalidar o título de campión de Europa na categoría clásicos, a bordo do Bribón, o rei emérito deixou Sanxenxo con destino ao aeroporto de Peinador para coller un voo privado con destino a Lisboa.
Durante a súa estancia en Galicia, o rei emérito mantivo un encontro "familiar e privado" con Filipe VI, Letizia e a princesa Leonor na Escola Naval de Marín, onde a herdeira completa a súa formación castrense. Días despois recibiu a visita en Sanxenxo das infantas Cristina e Helena.