Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei expresa o desexo de fortalecer as relacións entre España e os Estados Unidos

O rei expresa o desexo de fortalecer as relacións entre España e os Estados Unidos

Felipe VI deu a benvida a Joe Biden no Palacio Real de Madrid

EFE/Juanjo Martín POOL EFE/Juanjo Martín POOL
G24.gal 28/06/2022 19:26 Última actualización 28/06/2022 19:40

Felipe VI asegurou este martes que os Estados Unidos son “unha gran nación” e país “aliado e amigo” co que España mantén unha “sincera” amizade, e expresou o desexo de seguir fortalecendo cada día a relación entre ambas as nacións.

O rei transmitiu esta mensaxe nas palabras coas que deu a benvida a Biden no Palacio Real de Madrid antes de manter unha reunión bilateral con motivo da súa presenza en España para asistir ao cumio da OTAN.

O encontro tivo lugar despois de que o monarca recibise a Biden ao aterrar o Air Force One na base aérea de Torrexón de Ardoz (Madrid) e tras a reunión mantida no Palacio da Moncloa co xefe do Goberno, Pedro Sánchez.

“É unha gran satisfacción para min dar a benvida a España ao presidente dos Estados Unidos de América, Joseph Biden, nesta a súa primeira visita ao noso país como presidente da gran nación norteamericana. País aliado socio económico e comercial de primeiro nivel e, sobre todo, país amigo”, subliñou o monarca ao comezo do seu breve discurso.

Segundo Felipe VI, que proseguiu a súa mensaxe en inglés, España e EUA comparten “profundos lazos históricos e culturais” dos que ambas as nacións están “moi orgullosos”.

Pero o máis importante, engadiu, é que comparten “valores e principios comúns” e unha “sincera” amizade", que España “quere continuar fortalecendo cada día”.

Do cumio da OTAN de Madrid que comeza mañá, mércores, subliñou que é “especialmente importante” para que os países aliados manteñan “a unidade e a determinación” co fin de defender “a liberdade e os valores democráticos”.

As palabras dos dous xefes de Estado ante dúas bandeiras españolas e dúas dos EUA tiveron lugar no Salón de Columnas, onde España asinou a súa adhesión á Comunidade Europea en 1985 e o rei Juan Carlos rubricou a súa abdicación fai oito anos.

Posteriormente, trasladáronse á Cámara Oficial para manter a charla, que se prolongou durante preto de media hora.

É a primeira ocasión en que don Filipe se ve con Biden desde que chegou á Casa Branca en xaneiro de 2021.

Invasión rusa a Ucraína

O presidente estadounidense referiuse á guerra de Ucraína. Biden comprometeuse a facer fronte á agresión rusa e ás súas ameazas, ao considerar que foi “un abuso de poder sen precedentes desde a II Guerra Mundial”.

“Non hai elección”, sinalou Biden, quen opinou que o mundo está nun momento de "inflexión histórica" e que as cousas están a cambiar "drasticamente" non só en termos políticos, senón tamén noutros ámbitos pola pandemia e o cambio climático.

O presidente estadounidense agradeceu ao pobo español "non só no relacionado co que pasa en Europa", senón tamén no norte de África e Latinoamérica.

"A axuda e o apoio foron extremadamente valiosos", remarcou Biden, quen falou dos “grandes fluxos migratorios” que o seu país sempre tivo.

Filipe VI e Joe Biden volverán atoparse na cea que os reis ofrecen esta noite no Palacio Real aos mandatarios que asisten ao cumio da OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade