Publicador de contidos
Publicador de contidos

O buque Cantabria de aprovisionamento da Armada regresa á súa base en Ferrol

O buque Cantabria de aprovisionamento da Armada regresa á súa base en Ferrol

Realizou labores de apoio loxístico integrado na Agrupación Permanente da OTAN no Mediterráneo

G24.gal 07/12/2024 14:30

O buque de aprovisionamento en combate Cantabria regresou á súa base en Ferrol logo de participar durante algo máis de dous meses nunha operación da OTAN no Mediterráneo. 

Foron máis de dous meses de ausencia, exactamente setenta e un días de distancia imposta, recoñecible nas expresións emocionadas e orgullosas dos que agardaban o regreso en Ferrol.

A ledicia do reencontro foi o mellor final posible para cada un dos cento setenta homes e mulleres da dotación do Cantabria. O buque deixara a súa base ferrolá a finais de setembro para integrarse na Agrupación Naval Permanente da Alianza en augas mediterráneas.

 "Creo que cumprimos a misión como se agardaba de nós. Realizamos unhas 35 manobras de aprovisionamento, subministramos máis de 10 millóns de litros de combustible a 16 buques diferentes de nove nacionalidades distintas", explica Manuel Romero Nieto, comandante do BAC Cantabria.

"Demostra o compromiso da Armada e de España co esforzo permanente de disuasión e defensa colectiva da Alianza", sinala o comandante da 31ª Escuadrilla de Superficie, o capitán de navío Jesús Viñas Barciela.

Coa misión cumprida, inician un tempo de descanso que chega nun momento especial, ás portas do Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade