Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rei, o presidente Sánchez e Pere Aragonès, xuntos en Barcelona na cea inaugural do MWC

O Rei, o presidente Sánchez e Pere Aragonès, xuntos en Barcelona na cea inaugural do MWC

Coma en edicións anteriores, o presidente catalán non participa no saúdo ao Rei

Máis de 2.000 empresas compartirán novidades en tecnoloxías de mobilidade e redes

O Rei asegura que o MWC é un creador de crecemento en Barcelona e España, e Sánchez di que a dixitalización reduce brechas, "tamén a territorial"

Foto de familia coa ausencia do presidente da Generalitat
G24.gal 26/02/2023 21:19 Última actualización 26/02/2023 21:38

O Congreso Mundial de Telefonía Móbil de Barcelona coemzou a andar coa tradicional cea da véspera que volve reunir na mesma mesa o Rei Filipe VI, o presidente Pedro Sánchez e o presidente da Generalitat, Pere Aragonés.

Coma en anteriores edicións, Aragonès e a alcaldesa de Barcelona non participaron no saúdo protocolario ao monarca, nin tampouco na foto de familia.

Filipe VI, nun discurso case integramente en inglés, aínda que tamén utilizou o catalán e o castelán, dixo que onde hai un móbil hai esperanza e axuda. Asegura que o MWC é un "creador vital" de crecemento para Barcelona e España.

O presidente Sánchez falou da guerra de Ucraína, da transformación dixital e de diálogo e convivencia. Aseverou que a dixitalización debe reducir brechas, "tamén a territorial".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade