Publicador de contidos
Publicador de contidos

O remo galego olímpico, coa ambición por bandeira

O remo galego olímpico, coa ambición por bandeira

Rodrigo Conde marca como obxectivo o ouro no dobre scull

Caetano Horta tentará pelexar polas medallas no dobre scull peso lixeiro

G24.gal 25/07/2024 15:31

Caetano Horta (Noia) e Rodrigo Conde (Moaña) chegan a París coa ambición por bandeira. Serán os segundos xogos para Horta no dobre scull peso lixeiro. Nas anteriores gañaron a Final B e levaron diploma olímpico. Desta volta veñen asinando quintos postos nas probas da Copa do Mundo pero non están lonxe das medallas. Nesta gran cita agardan dar o mellor deles e subir ese par de chanzos que os deixe con opcións de loitar polos metais. 

Rodrigo Conde debuta nunha gran cita olímpica. Perdeu a opción de estar en Tokyo por unha decisión persoal de renunciar ao peso lixeiro. Consolidado como un dos mellores do mundo durante todo o ciclo olímpico, tentará meterse na gran final e aí realizar unha gran regata que lles permita optar a outro metal. "Imos polo ouro", asegurou á Televisión de Galicia e confirmou que non vai estar na cerimonia inaugural para centrarse na competición que comeza o sábado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos