Publicador de contidos
Publicador de contidos

O salario mínimo situarase en 1.080 euros ao mes neste 2023

O salario mínimo situarase en 1.080 euros ao mes neste 2023

Pedro Sánchez anunciouno durante a súa comparecencia no Senado

A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, canda aos secretarios xerais de CCOO, Unai Sordo, e da UXT, Pepe Álvarez (EFE/Fernando Alvarado) A vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, canda aos secretarios xerais de CCOO, Unai Sordo, e da UXT, Pepe Álvarez (EFE/Fernando Alvarado)
G24.gal 31/01/2023 16:31 Última actualización 31/01/2023 16:50

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este martes que, en 2023, o salario mínimo interprofesional (SMI) subirá ata os 1.080 euros brutos ao mes en 14 pagas.

Así o asegurou durante a súa intervención no Senado, despois de que a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, se reunira cos secretarios xerais de UXT, Pepe Álvarez, e CCOO, Unai Xordo, un encontro ao que declinou asistir a CEOE.

Os sindicatos reclamaban unha subida ata 1.100 euros, mentres que Díaz avogaba pola banda alta do informe do comité de expertos que expuxo unha alza para 2023 de entre o 4,6 % e o 8,2 %.

Case ao mesmo tempo que Sánchez realizaba o anuncio no Senado, Yolanda Díaz tamén o comunicaba no seu perfil en Twitter. "Un día moi importante para as traballadoras e traballadores do noso país", aseguraba.

"Grazas ao acordo cos sindicatos facemos efectivo un dos grandes compromisos da lexislatura: alcanzar o 60 % do salario medio", afirmaba a vicepresidenta segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade