O salesiano condenado por abusos pediu un prazo voluntario para evitar entrar na cadea
O salesiano condenado por abusos pediu un prazo voluntario para evitar entrar na cadea
A Audiencia concedeulle cinco días, e unha prórroga de tres que non cumpriu
O cura salesiano está en busca e captura para cumprir unha condena de 32 anos e medio
A Garda Civil localizou o condenado en Cambados, nos xulgados onde asinaba semanalmente. Nese momento, a súa avogada solicitou á Audiencia que lle concedese un prazo de cinco días para que ingresar no cárcere de forma voluntaria, debido ás súas circunstancias persoais.
O tribunal provincial aceptou a petición, tendo en conta que o condenado ten o pasaporte retirado, ten domicilio coñecido, sempre se presentou a asinar e atendera a todos os requirimentos xudiciais, e ditou un oficio polo que se deixaba sen efecto a orde de detención.
A partir de aí, en lugar dos cinco días solicitados, a Audiencia outorgou un prazo "inaprazable" de tres días para que se producise ese ingreso voluntario en prisión, un prazo que incumpriu.