Cargando resultados...
O San Roque quedou sen procesión na Pobra de San Xiao
O San Roque quedou sen procesión na Pobra de San Xiao
Os veciños recollerán sinaturas pedindo o cesamento do crego da Pobra de San Xiao
G24.gal
21/08/2023 14:19
Esta é a igrexa da Pobra de San Xiao da que normalmente sae o San Roque en procesión nas festas patronais, pero este ano non foi así.
O xerme da polémica é que as festas non se deron organizado ata tarde, xa que apenas hai veciños que queiran ser ramistas. Cando acordaron organizalas o crego estaba de vacacións, e segundo nos conta a presidenta da comisión, xa non deu contactado con el.
Algúns fregueses van iniciar unha recollida de sinaturas para pedir a substitución do crego.
Con todo, a imaxe do santo preside o chigre do campo da festa.