O sector leiteiro apoia as mobilizacións dos transportistas
O sector leiteiro apoia as mobilizacións dos transportistas
Din que os custos do transporte fan incrementar os das granxas
Piden medidas urxentes para baixar o prezo dos combustibles
A palla en que descansan os xatos é un 50 % máis cara que hai un mes. E a tonelada de millo forraxeiro custa 327 euros fronte aos 180 que custaba hai agora un ano. A soia e a colza tamén incrementaron o prezo en máis dun 35 %. Son os efectos nas granxas de leite da suba dos prezos dos carburantes.
Unha situación que fai que os custos de produción se disparen porque os transportistas teñen que subirlles as tarifas aos gandeiros para poder manter a súa actividade.
O problema non é só a suba dos prezos dos ingredientes e do custo de transportar o leite. Nalgúns casos os gandeiros xa recibiron avisos de que se lles deixará de levar a mercadoría no caso de que as viaxes non deixen unha marxe suficiente para que os transportistas non caian en perdas.
A situación é moi delicada a poucos días de que comecen as ensilaxes e sementeiras. O custo do transporte de cereais dende Castela a Galicia aumentou nun 16 % nos últimos tres meses.