Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector mar-industria pide un regulamento específico para os produtos veganos

O sector mar-industria pide un regulamento específico para os produtos veganos

Solicita reunirse cos ministros de Pesca e Consumo, alertando de que as etiquetas dos produtos a base de plantas son enganosas

A baixada do consumo é outra das preocupacións do sector

G24.gal 18/03/2024 14:34

Demandan que a información que aparece nas etiquetas dos produtos a base de plantas sexa veraz. O sector pesqueiro denuncia que estas etiquetas pretenden imitar o peixe e o marisco xerando confusión nos consumidores. Piden unha regulación específica para este tipo de alimentos. 

Non é a única preocupación, o sector busca solucións ante unha das principais ameazas á que se enfronta: a caída do consumo de peixe. 

En Vigo o sector mar-industria celebrou unha xornada en que destacou os obxectivos necesarios para seguir sendo competitivos. 

Galicia concentra o 15 por cento da produción dos países da Unión Europea e emprega a máis de cincuenta mil persoas cunha facturación que supera os 4.700 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade