Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Seprona supervisa a legalidade urbanística das vivendas novas e das reformas

O Seprona supervisa a legalidade urbanística das vivendas novas e das reformas

Actúan dentro da súa competencia de vixilancia de ordenación do territorio

As infraccións recentes están relacionadas fundamentalmente con reformas sen licenza

G24.gal 19/10/2024 14:45 Última actualización 19/10/2024 15:07

O Seprona detecta irregularidades urbanísticas, tanto de construcións novas coma de reformas sen licenza, en todo o territorio galego.

En 2023 a Axencia de Protección da legalidade urbanística resolveu 301 expedientes sancionadores, e impuxo case 400 multas por incumpriren os propietarios coas normas de edificación.

Os axentes do Seprona de Corcubión realizan unha inspección de obras que vulneran a normativa urbanística. Nun caso, unha vivenda construída sen licenza, noutro, unha reforma que non conta cos permisos pertinentes. 

"Nós se estamos de servizo diario e vemos unha obra que non ten o cartel anunciador co número de licenza, como di a lexislación, xa nos fai desconfiar que sexa ilegal e son as que adoitamos controlar. O que facemos cando atopamos a construción ilegal, primeiro comprobamos co concello se ten licenza e despois actuamos segundo a lexislación, enviamos ao Concello, a Costas ou á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística", explica Diego López, cabo primeiro do Seprona de Corcubión.

Nos últimos anos descendeu o número de vivendas construídas en chan non edificable pero si se observan usos residenciais en obras con outro tipo de licenzas.

Desde o Seprona aseguran que ademais da irregularidade urbanística moitas veces van aparelladas outras, como unha xestión de residuos inadecuada que pode derivar en delitos ambientais.

"Atopamos máis casos do infractor que pide licenza para facer un pendello e fai unha ampliación da vivenda, ou un cambio de tellado sen licenza, ou reformas estruturais con permisos de obra menor. Agora non atopamos as típicas construcións de antes que eran aberracións urbanísticas", di López

Cada vez hai menos ordes de derrubamento que chegan ao xulgado e son os propios infractores os que se axeitan á lei para evitar a multa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade