Cargando resultados...
O Sergas detecta o primeiro caso en Galicia de ómicron silenciosa
O Sergas detecta o primeiro caso en Galicia de ómicron silenciosa
Hai outros quince positivos en estudo que poderían ser da nova versión do virus
O laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro secuenciou o caso
G24.gal
06/02/2022 12:30
O Servizo Galego de Saúde acaba de detectar o primeiro caso de BA.2 en Galicia. O laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro secuenciou esta nova subliñaxe da variante ómicron, tamén coñecida como "silenciosa".
Este primeiro caso pertence á área sanitaria de Vigo. Os outros quince, aínda en estudo, están relacionados co xa secuenciado e esténdense tamén pola área de Santiago de Compostela e A Barbanza.
As persoas afectadas presentan síntomas semellantes aos dunha gripe leve e ningunha está hospitalizada.