O Sergas prevé poñer a terceira dose aos maiores de 60 antes de fin de ano
O Sergas prevé poñer a terceira dose aos maiores de 60 antes de fin de ano
Feijóo di que a situación de Galicia é "tranquila, pero preocupante"
A Xunta pagará a finais de ano a extra ás pensións non contributivas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo este xoves, tras a reunión do Goberno galego, un chamamento á non baixar a garda fronte ao virus. Feijóo di que a situación da pandemia na nosa comunidade é "tranquila, pero preocupante".
"Estamos vendo comportamentos individuais e colectivos moi procupantes. Preocúpanos a presión das UCI en Ourense e o aumento de positividade nalgunhas cidades de Galicia, que de momento non teñen repercusión na hospitalización, pero de seguir con ese incremento de casos si poderían afectar á presión hospitalaria", avisa o presidente da Xunta.
Precaución e vacinación, di Feijóo, son as ferramentas para que a situación non se descontrole e fixa os obxectivos de vacinación do Sergas para as próximas semanas coas terceiras doses.
"O obxectivo é ter vacinadas antes do Nadal todas as persoas maiores de 60, usuarios ds residencias e profesionais sociosanitarios. Estamos falando de aproximadamente medio millón de galegos".
Hoxe mesmo comezan a poñer a dose de reforzo de Janssen aos que só tiñan unha e prevén rematar a vacinación coa terceira dose aos maiores de 70 antes do día 30 deste mes.