O Sergas administrou unhas 365.000 terceiras doses en toda Galicia
O Sergas administrou unhas 365.000 terceiras doses en toda Galicia
Esta fin de semana continúa a vacinación coa dose de reforzo dos maiores de 70 anos
Tamén hai inmunización sen cita para os non vacinados
Nos centros galegos de vacinación masiva, coma éste, xúntanse estes días as persoas maiores de 70 anos que reciben a terceira dose ben a de Pfizer ou a de Moderna. Todos eles están a ser citados. Tamén acoden os que reciben unha de reforzo tras seren vacinados hai meses coa monodose de Jannsen.
Ademais poden acudir os que foran indecisos ata o de agora e que non tiñan ningunha dose posta e que cambiaron de opinión ou se animaron pola petición do certificado covid en cada vez máis ámbitos. Tamén os que non chegaran a completar a pauta pola, razón que fose, e só puxeran unha dose. Éstes poden achegarse ata aquí sen cita previa.
Ésta e unha situación que se repite en toda Galicia e en todos os centros de vacinación masiva, que continúan abertos esta fin de semana. Pero tamén hai máis grupos que se poden achegar ata aquí coa a autocitación.
"A autocita quen a solicita máis pois os nenos de 12 anos segundo van cumprindo esa idade para comezar coa primovacinación" di María Xosé Parrado Alonso, coordinadora da vacinación na Cidade da Cultura.
Este sábado están citadas unhas 4.600 persoas na Cidade da Cultura. O grupo prioritario agora son os maiores de 70 anos. Reciben a dose de Pfizer ou a de Moderna, segundo a dispoñibilidade.
"Sempre contamos con máis doses do número de citados no día, dado que somos punto de vacinación libre", di María Xosé Parrado Alonso, coordinadora da vacinación no Gaiás.
Ante unha situación de contaxios que empeora, os maiores de 70 anos citados din que estaban desexando recibir a terceira dose. Segundo datos de Sanidade, en Galicia administráronse xa 364.782 terceiras doses.