O servizo de Oncoloxía do CHUAC, distinguido polo trato que ofrece aos pacientes
O servizo de Oncoloxía do CHUAC, distinguido polo trato que ofrece aos pacientes
É o segundo hospital galego e o décimo cuarto español en lograr este recoñecemento internacional
Poucos son os hospitais que teñen recoñecida a súa excelencia na atención aos pacientes con cancro. O complexo hospitalario da Coruña xa é un deles.
Conseguiu atopar un oco neste destacado grupo despois de tres anos de intenso traballo e unha máxima que segundo un dos médicos do servizo é: "Poñer o paciente no centro da atención médica e facer que todo o traballo do servizo de oncoloxía médica estea dirixido a eles".
E iso xa dende que o paciente entra na consulta por vez primeira ata que recibe o tratamento e pasa ao plan de revisións. A Sociedade Americana de Oncoloxía Clínica é a que establece os indicadores de calidade. E un equipo de expertos da Fundación ECO son os que avalían o grao de cumprimento.
O resultado é unha certificación internacional que en Galicia tamén ten o clínico de Santiago.