Publicador de contidos
Publicador de contidos

O servizo de teleasistencia atenderá 3.000 novos usuarios este ano

O servizo de teleasistencia atenderá 3.000 novos usuarios este ano

A Cruz Vermella iráos incorporando progresivamente ata decembro

Con esta ampliación a teleasistencia da Xunta chegará aos 10.000 beneficiarios

A maioría dos demandantes piden teleasistencia avanzada

G24.gal 02/08/2022 14:23

O Servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella atende actualmente uns sete mil usuarios. En moitos casos a prestación vai máis aló do clásico botón de alerta e as chamadas de control. Segundo o Coordinador autonómico da oenegué, Joaquín Varela, a maior parte das solicitudes que reciben desde hai un par de anos son de teleasistencia avanzada, que inclúe por exemplo servizos de localización para persoas que teñen deterioración cognitiva.

A Cruz Vermella fai esta cobertura con cargo ao Servizo de Teleasistencia da Xunta que este ano vai ampliar a súa dotación ata un millón catrocentos mil euros para incorporar novos usuarios. Contan pasar dos sete mil actuais aos dez mil, segundo precisou a Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, no acto o que fixo entrega tamén de catro novos vehículos aos responsables da entidade.

Os novos vehículos incorporan xa o cambio de imaxe que se vai aplicar tanto nos coches coma nos uniformes dos operadores que prestan servizos  no domicilio para que resulten máis identificables para os beneficiarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade