Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sevilla perde a Supercopa de Europa do xeito máis cruel

O Sevilla perde a Supercopa de Europa do xeito máis cruel

Triunfo do Manchester City na quenda de penaltis logo do empate a un

En Nesyri tivo unha ocasión moi clara para marcar o 2-0

G24.gal 17/08/2023 07:37

Gudelj fallou o último penalti da quenda. Ata ese intre todos os xogadores acertaran na sorte que decidía o gañador da Supercopa de Europa entre o Sevilla e o Manchester United logo dun partido que acabou en empate (1-1). 

Os de Mendilíbar fixeron un gran partido no aspecto defensivo e conseguiron adiantarse cun gol de En Nesyri mediado o primeiro tempo. O City abrumaba coa súa posesión, pero nas contadas ocasións en que conseguía xerar perigo atopaba un Bono (no seu último partido como sevillista) moi atinado. 

No segundo tempo o Sevilla mesmo teceu algunha contra que puido poñer o 2-0, sobre todo cunha oportunidade do propio En Nesyri. Cando máis sufría o equipo inglés chegou o gol do empate de Palmer. 

Non houbo prórroga e nos penaltis os nove lanzadores acertaron ata que lle tocou a quenda a Gudelj. Podía seguir mantendo a emoción para a morte súbita, pero o lanzamento estrelouse contra o traveseiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos