Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sindicato Unificado de Policía pide incrementar un 10% o persoal nas comisarías galegas

O Sindicato Unificado de Policía pide incrementar un 10% o persoal nas comisarías galegas

O SUP denuncia que hai 319 prazas de axentes sen cubrir, e pide que se actualice o catálogo de 2007 para adaptalo aos novos delitos

O sindicato advirte dun aumento da delincuencia

G24.gal 19/01/2023 14:55

O Sindicato Unificado de Policía pide incrementar nun 10 por cento o cadro de persoal nas comisarías galegas. O SUP denuncia que en Galicia hai 319 prazas sen cubrir e que o catálogo de postos está obsoleto porque non se adapta á realidade delituosa actual. O sindicato maioritario de Policía vincula estas carencias co aumento da violencia rexistrado nos últimos meses: aseguran que tras a pandemia detectaron un incremento significativo da delincuencia.

"Estamos vendo que se está complicando, estar na rúa hoxe é máis difícil que hai un ou dous anos. Por exemplo, na Coruña as leas tumultuarias aumentaron un 60 por cento, e as estafas por Internet e os delitos cibernéticos na mesma orde. Non está adaptado a iso ni á tipoloxía delituosa que hai a día de hoxe", denuncia o delegado de SUP en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade