O soño cumprido dos irmáns Quintela: "Vai pola xente que loitou na travesía pola LEB"
A primeira canastra do partido foi unha tripla de Sergi Quintela, que anotou nove puntos
Erik Quintela: "Acordarémonos dentro de moitos anos desta primeira vitoria con toda a nosa xente empurrando coma sempre"
Había dous xogadores para os que esta estrea europea do Breogán era máis ca un partido: Sergi Quintela (27 anos) e Erik Quintela (32) mamaron o que é o club de Lugo desde o berce. Medraron vendo desde a bancada ou a televisión os partidos de ACB, pero na súa traxectoria profesional tocoulles sufrir a travesía polo deserto na Liga LEB.
Eles subiron á ACB e son o corazón deste Breogán que fai a terceira temporada consecutiva na elite e xoga por segunda vez na historia unha competición europea.
Sergi Quintela anotou a primeira canastra do partido (unha tripla) e realizou un traballo sobresainte ante a ausencia de Sergi García e a falta de ritmo do recentemente fichado Framkamp. Sergi quixo dedicarllo "a toda a xente que pelexou polo club na travesía pola LEB".
Erik tamén tivo bos minutos no partido e anotou a última canastra do primeiro tempo.
"Acordarémonos dentro de moitos anos desta primeira vitoria con toda a nosa xente empurrando como sempre", dixo o capitán.