O sur da provincia de Ourense, de novo en aviso amarelo por chuvia e tormentas
O sur da provincia de Ourense, de novo en aviso amarelo por chuvia e tormentas
Doce días seguidos de choiva e tormentas deixan importantes danos nos cultivos na Limia e no Ribeiro
Os máis afectados na cidade son os comerciantes da rúa Celso Emlio Ferreiro, onde a auga levantou a calzada
Seguen avaliando os danos e coa rúa en obras din que perderon un 60 % da clientela
Desde as tres da tarde ata as nove desta noite Meteogalicia activa de novo o aviso amarelo por chuvia localmente formte acompañada de tormenta no sur da provincia de Ourense. Aquí xa van 12 días seguidos de chuvias torrenciais e tormentas que deixaron importantes danos nos cultivos, pero tamén nesta céntrica rúa da cidade de Ourense, Celso Emilio Ferreiro, onde rebentou por completo a calzada.
Agora está en obras e os comerciantes seguen avaliando os danos nos seus locais, pero falan xa de importantes económicas de ata un 60% din por falta de clientes.
Son os máis afectados polas tormentas que xa levan 12 días seguidos deixando choivas torrenciais na provincia de Ourense e cuantiosos danos materiais, pero tamén perdas económicas nestes negocios.
Trombas de auga, raios, tronos e pedra que deixaron danos tamén nos cultivos, na Limia e no Ribeiro. O sur da provincia de Ourense volve estar en aviso amarelo pola chuvia que pode caer esta tarde, máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora.