A xustiza europea condena a Polonia polo seu nesgado sistema xudicial
A xustiza europea condena a Polonia polo seu nesgado sistema xudicial
A sanción é polo trato inflixido a dous xuíces por un órgano do Tribunal Supremo polaco
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ( TEDH) condenou a Polonia polo trato inflixido a dous xuíces por un órgano do Tribunal Supremo que supervisa a actividade destes, xa que considera que actuou sen imparcialidade nin independencia, nun novo golpe xurídico á batería de reformas emprendida polo gobernante Partido Lei e Xustiza.
Polonia no punto de mira de institucións europeas por unha reforma que introduciu unha marcada variable política nas decisións xudiciais internas
A corte europea sostén que os seus casos non foron analizados por "un tribunal establecido pola lei", senón por unha cámara que carece de independencia, razón pola cal condena o Estado polaco a indemnizar a cada un dos demandantes con 15.000 euros en concepto de danos.
Así mesmo, o TEDH, vinculado ao Consello de Europa, insta as autoridades polacas a adoptaren medidas para evitar que casos similares se repitan no futuro, o que pasa por dar marcha atrás nunhas reformas xudiciais que tamén chegaron ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que xa impuxo en outubro unha multa diaria dun millón de euros polo controvertido réxime disciplinario contra os xuíces.