O temporal de chuvia deixa polo menos catorce mortos en Grecia, Turquía e Bulgaria
O temporal de chuvia deixa polo menos catorce mortos en Grecia, Turquía e Bulgaria
Algunhas vilas gregas superaron o rexistro de case 750 litros por metro cadrado en 24 horas
Despois de rexistrar niveis de precipitacións nunca vistos, en Grecia segue chovendo con forza por terceiro día consecutivo e seguirá durante toda a tarde, cando se espera que o temporal Daniel empece a amainar.
De momento hai tres mortos confirmados e non se sabe exactamente cantos desaparecidos, pois varias poboacións continúan completamente anegadas e con xente nos tellados esperando ser rescatada.
Nalgunha desas vilas caeron ata 745 litros por metro cadrado en 24 horas, case o dobre que o rexistro máximo que había.
Os danos en vivendas e infraestruturas son enormes, pois a enxurrada mesmo conseguiu estragar pontes como a do río Enipeas no centro de Grecia.
En Turquía hai once cidades en alerta ante a posibilidade de que se repita a forte chuvia destes días, que provocou xa sete mortos. Cinco deles faleceron na riada que levou por diante un recinto turístico construído sen licenza.