Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal de vento deixa algunhas incidencias na Coruña

O temporal de vento deixa algunhas incidencias na Coruña

Os refachos de vento chegaron a case os 100 quilómetros por hora

O iglú do Nadal situado en María Pita saíu voando

Pechan os parques e as praias da cidade e non se pode visitar a Torre de Hércules

O iglú de Nadal en María Pita levantado polo vento
G24.gal 18/12/2022 14:05

Xornada complicada para os bombeiros da Coruña, onde se rexistraron refachos próximos aos cen quilómetros por hora. Como consecuencia do vento, o iglú que se instalou na praza de María Pita polo Nadal saíu voando para acabar enroscado na estatua da heroína coruñesa.

Os bombeiros tiveron que retirar unha parte da lanza que quedou solta para evitar que caese. Ademais producíronse caídas de cascotes e algúns desprendementos nas cubertas de varios edificios en distintos puntos da cidade.

As praias e os parques permanecerán pechados todo o día. Hoxe tampouco será posible visitar a Torre de Hércules.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade