Publicador de contidos
Publicador de contidos

O temporal deixa tras de si máis de corenta mortos nos Estados Unidos

O temporal deixa tras de si máis de corenta mortos nos Estados Unidos

As temperaturas comezarán a subir a partir deste domingo

Nalgúns puntos dos EUA rexistraron temperaturas de corenta graos baixo cero
G24.gal 20/01/2024 20:30 Última actualización 20/01/2024 20:40

O temporal de frío ártico e neve nos Estados Unidos deixou tras de si, ata o momento, polo menos corenta mortos, aínda que algúns medios norteamericanos din que son máis de cincuenta as vítimas.

En Tenessee morren catorce persoas

Os lugares máis afectados foron os estados de Tenessee, onde faleceron 14 persoas, e o de Kentucky, onde morreron cinco persoas nun accidente de tráfico provocado polo mal tempo. 

As temperaturas baixaron de cero graos na maior parte do país, e en lugares de Búfalo ou Míchigan mesmo chegaron a superar os corenta graos baixo cero. 

Voos anulados ou atrasados

Amais de dificultar ou impedir a circulación por estrada, o temporal provocou a anulación de máis de mil cen voos e atrasos considerables noutros oito mil. No estado de Oregón miles de persoas quedaron sen electricidade, polo que o gobernador declarou o estado de emerxencia.

Subas inusuais

As previsións meteorolóxicas din que o peor xa pasou, e que as temperaturas irán subindo na maior parte dos Estados Unidos a partir deste domingo, ata valores inusualmente altos para o mes de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade