O temporal deixa un regueiro de incidencias na provincia de Pontevedra
O temporal deixa un regueiro de incidencias na provincia de Pontevedra
Inundacións, bolsas de auga nas estradas e árbores caídas foron as principais incidencias
Na costa, a frota permanece amarrada
O vento e a chuvia das últimas horas deixaron máis dun centenar de incidencias na provincia de Pontevedra. Un dos municipios onde os servizos de emerxencia rexistraron máis incidencias foi en Caldas de Reis. Rexistráronse inundacións e caídas de árbores, unha delas próxima a un centro escolar, caeu minutos despois da saída dos alumnos.
Houbo apagamentos en Marín e Bueu, tamén na cidade de Pontevedra se viu afectada a iluminación pública, e en Marcón a auga filtrouse polas goteiras do pavillón deportivo provocando unha inundación.
A forte chuvia caída nas últimas horas anegou estradas e rúas. En Vigo os vehículos víronse sorprendidos pola tromba cando circulaban por esta rúa do centro da cidade. Na costa a frota permanece amarrada por alerta laranxa.