O temporal deixa no aire o partido entre o Levante e o Pontevedra
O temporal deixa no aire o partido entre o Levante e o Pontevedra
O mesmo día do partido, a Federación tomará a decisión de xogar ou suspender dependendo das posibilidades de viaxe do cadro valenciano
O encontro ía ser televisado pola G2 a partir das 20:00 horas
O partido deste mércores entre o Pontevedra e o Levante pende dun fío despois de que o conxunto valenciano non viaxase o martes pola tarde como tiña previsto. O temporal da Comunidade Valenciana impediu que o avión no que tiña que viaxar puidese saír e no club están agardando para ver se poden realizar o desprazamento o mesmo día do partido pola mañá.
A Federación e o Pontevedra tamén están pendentes da situación. A organización da Copa tomará mañá ao mediodía unha determinación, pero a posibilidade de aprazamento é real e no Pontevedra tamén agardan novas porque ía ser un día con moitos afeccionados en Pasarón. Os espectadores da G2 terán que estar atentos porque o partido ía ser televisado pola nosa segunda canle a partir das 20:00 horas.