Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dalisson ofrece a versión goleadora para derrotar o Escobedo (0-2)

Dalisson ofrece a versión goleadora para derrotar o Escobedo (0-2)

Dous goles do centrocampista en menos de cinco minutos permítenlle ao Pontevedra recuperar a senda vitoriosa

G24.gal 12/10/2024 19:52

Viña o Pontevedra de perder contra o Marino de Luanco en Pasarón. Non valía outro resultado que non fose a vitoria no campo do Escobedo e conseguiuna por un claro 0-2. Os dous tantos foron obra do centrocampista Dalisson nun espazo de catro minutos. No 26 marcou o primeiro cun gran lanzamento de falta e no 30 anotou o segundo. O partido foi totalmente controlado polo Pontevedra que nunca viu perigar o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos