Cargando resultados...
O triatleta vigués Antonio Serrat, subcampión nas Bermudas
O triatleta vigués Antonio Serrat, subcampión nas Bermudas
Serrat ascende á sexta praza na clasificación xeral das Series Mundiais
G24.gal
08/11/2022 12:01
Última actualización 08/11/2022 12:11
O triatleta vigués Antonio Serrat proclamouse subcampión na proba das Series Mundiais celebrada en Bermudas. O triunfo foi para Vincent Luís, que reaparecía, e España fixo dobrete no podio coa presenza de Roberto Sánchez Mantecón na terceira praza.
Entre 53 participantes, Luís destacou desde o principio e logrou manterse na cabeza, mentres que Serrat foi gañando terreo ata situarse na segunda posición. O vigués ascende á sexta praza na clasificación xeral das Series Mundiais.
🥈Detrás de este momento hay mucha gente
— Antonio Serrat (@serratantonio) November 6, 2022
Muchas gracias por estar ahí siempre!!😊🇧🇲#wtcsbermuda #partidoapartido #prohibidorendirse
📸@worldtriathlon https://t.co/y9h7Me4pQ4 pic.twitter.com/VMKWMwxG3z
O francés Vincent Luís impúxose nesta sexta e penúltima cita das Series Mundiais.