Publicador de contidos
Publicador de contidos

O TSXG confirma a pena de catro anos de cárcere para un home por violar unha menor en Ourense

O TSXG confirma a pena de catro anos de cárcere para un home por violar unha menor en Ourense

Entende que “a declaración da vítima, a da súa amiga, a da súa nai e o informe dos peritos constitúen un arsenal probatorio de cuxa entidade non se pode dubidar"

Os maxistrados entenden que o seu diagnóstico de esquizofrenia paranoide non afectou o desenvolvemento dos feitos

G24.gal 09/07/2024 15:38

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense que condenou a catro anos de prisión un home por cometer un delito de violación sobre unha menor de idade.

O acusado non poderá aproximarse á vítima nin comunicarse con ela por un período de cinco anos, segundo a resolución facilitada este martes.

O tribunal desestimou, por tanto, o recurso de apelación interposto pola defensa do investigado, pois entende que “a declaración da vítima, a da súa amiga, a da súa nai e o informe dos peritos constitúen un arsenal probatorio de cuxa entidade non se pode dubidar".

Os maxistrados tamén indicaron, en base ao estudo do seu historial clínico e do informe médico forense, que o seu diagnóstico de esquizofrenia paranoide non afectou o desenvolvemento dos feitos, xa que no momento que tiveron lugar atopábase "estable, podendo comprender a ilicitude da súa conduta e sendo capaz de actuar conforme esta compresión". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade