O ultraliberal Javier Milei toma posesión este domingo como presidente da Arxentina

Aos actos acoden mandatarios internacionais coma Filipe VI ou Volodímir Zelenski

Milei ten por diante o reto de reflotar a maltreita economía arxentina

Entre as súas medidas anunciadas está unha vaga de privatizacións de empresa públicas

G24.gal 10/12/2023 14:27 Última actualización 10/12/2023 16:12

A Arxentina prepárase para o comezo da lexislatura do ultraliberal Javier Milei, que este domingo toma posesión do seu cargo como presidente.

Os principais escenarios deste día son o Congreso da Nación e a Casa Rosada, sede do Goberno. Numerosos mandatarios internacionais estarán presentes, entre eles o rei Filipe VI, que xa mantiña onte un encontro con Milei, e o presidente de Ucraína. Esta é a primeira viaxe de Volodímir Zelenski a América Latina.

Javier Milei ten por diante o reto de reflotar a maltreita economía arxentina. Entre as súas medidas anunciadas está unha vaga de privatizacións de empresa públicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade