Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Unicaja rexorde das súas cinzas na pista do Obradoiro

O Unicaja rexorde das súas cinzas na pista do Obradoiro

Gañou por 71-85 nun partido no que chegou a manexar unha vantaxe de 29 puntos no terceiro cuarto

G24.gal 19/03/2022 22:12

Obradoiro e Unicaja chegaban á cita igualados con oito vitorias. Os galegos, cheos de moral logo do triunfo diante de Baskonia. Unicaja, un histórico nunha situación descoñecida para eles, en plena depresión de resultados. Sen embargo o equipo de Málaga rexordeu das súas cinzas e gañou con claridade (71-85). 

O primeiro cuarto marcou a tendencia do partido. Logo dun inicio igualado (7-11) o Unicaja fixo un parcial de 0-10 que marcaría o partido. Foise cun 7-21 que deixou contra as cordas aos obradoiristas. Brizuela mandaba en ataque, ben secundado por Alberto Díaz, e ao final do primeiro cuarto a desvantaxe era de quince puntos (14-29).

Unha diferenza que se foi aos vinte no segundo cuarto (18-38) pero que Obradoiro puido maquear antes do descanso (30-45). Só valía unha reacción total no segundo tempo. Lonxe de chegar, volveu o Unicaja máis demoledor. Comezou cun 2-10 o terceiro cuarto e acabou co partido. Brizuela íase ata os 21 tantos e a diferenza chegou a ser de 29 puntos (41-70). 

Xogadores determinantes como Birutis, Thomas Scrubb ou Robertson estiveron desaparecidos. Pouco había que facer máis que centrarse en vindeiros compromisos e seguir pelexando por manter a categoría. Fuenlabrada e Andorra gañaron os seus partidos desta xornada co que empatan con oito vitoria co Obradoiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos