Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jaime de Olano confía en que a nova dirección do PP saiba trasladar un proxecto alternativo ao Goberno Sánchez

Jaime de Olano confía en que a nova dirección do PP saiba trasladar un proxecto alternativo ao Goberno Sánchez

O deputado popular gabou na Radio Galega a elección de Cuca Gamarra como número dous de Alberto Núñez Feijoo no PP

 

G24.gal 01/04/2022 10:49

Jaime de Olano, deputado do PP no Congreso e vicesecretario de Participación do partido, dixo no 'Galicia por diante' da Radio Galega que o reto da nova dirección do PP encabezada por Alberto Núñez Feijoo é saber trasladar ao conxunto de España o traballo que xa se fixo nos últimos anos en Galicia.

"O reto é trasladar un proxecto alternativo ao Goberno de Pedro Sánchez, e iso só se consegue
 dende a unidade e o traballo serio e rigoroso, que é o que caracteriza a Alberto Nuñez Feijóo. En Galicia sabémolo ben e agora cómpre trasladalo ao conxunto de España".

Sobre a elección de Cuca Gamarra como secretaria xeral do PP, Jaime de Olano gabou o seu perfil e traxectoria.

"Sabe escoitar, coñece ben o partido, é unha boa negociadora e moi traballadora. Cuca Gamarra gañou o respecto e a admiración do grupo parlamentario do PP no pouco tempo que leva no Congreso".

​​​​O deputado De Olano explica que o PP ten vontade de dialogar co Goberno e chegar a acordos pero cre que as intencións do Executivo son diferentes.

"Sánchez fala de chegar a acordos pero quere un contrato en branco. Ocorreu co plan de choque, presentárono sen dialogar e atrasouno varias semanas sen motivo, para chegar a acordos ademais de dicilo hai que ter unha vontade sincera, o PP ten esa vontade. Quedan trinta días por diante para validar o plan de choque no Congreso e existe esa opción de negociar, escoitar de verdade e incorporar as propostas do resto dos grupos. Feijóo tendeulle a man, Cuca Gamarra lévao facendo dende hai semanas, pero o que traslada o Goberno é que non vai mover nada".

Lamenta tamén o deputado Jaime de Olano o cambio de posicionamento do Goberno con respecto ao Sáhara Occidental.

"Non se deron explicacións suficientes, o mércores no Congreso Sánchez non dixo que contrapartidas recibirá de Marrocos nin como afecta a Ceuta, Melilla e as Canarias. Non compartimos esa forma de actuar, antes pactábanse as políticas de estado entre o PP e o PSOE. Sánchez rompeu ese consenso de corenta anos de democracia".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade