Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Victoria recibe a goleada máis doce

O Victoria recibe a goleada máis doce

Perdeu por 0-8 contra o Vilarreal da Primeira División, que tomou o partido como un adestramento

Marcaron Alberto Moreno (2), Mandi, Alcácer, Chukwueze, Gerard Moreno, Diá e Iosifov

G24.gal 30/11/2021 20:13

O Victoria coruñés perdeu dun xeito claro contra o Vilarreal (0–8) como se agardaba, pero gozou dunha xornada festiva. É o que supón para un equipo da sexta categoría do fútbol español (Preferente) xogar nun escenario como Riazor e diante do actual campión da Europa League, que participa na Champions. 

Tamén foi un partido que gardará na videoteca o porteiro Jano que mantivo o empate durante vinte minutos con paradas de moito mérito. Só había que agardar polo primeiro gol, e chegou no 18, anotado por Alberto Moreno. O lateral andaluz tamén fixo o segundo; Mandi e Alcácer deixaron o 0–4 no tempo de lecer. Na segunda metade, Chukwueze, Gerard Moreno, Diá e Iosifov puxeron o definitivo 0–8. No Vilarreal debutou un xogador de Coristanco, Dani Tasende. 

O de menos era o resultado; o de máis, a festa que se viviu dentro dun equipo moi modesto, que traballou toda a vida coa canteira e co fútbol feminino e que tivo nesta edición da Copa todas as atencións mediáticas. Un exemplo é o caso de Jorge Rodríguez, capitán dos últimos anos do club, que veu nun voo desde Irlanda, xogou o último cuarto de hora e mañá volverá ao seu país de residencia.

Guillermo Pigueiras: "A valoración ten que ser positiva. O noso marcador era ver as caras das familias e dos rapaces do fútbol base. A algún xogador caeulle algunha bágoa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade