Publicador de contidos
Publicador de contidos

O viño branco con 100 puntos Parker é galego, da D. O. Valdeorras

O viño branco con 100 puntos Parker é galego, da D. O. Valdeorras

O viño elaborado polo adegueiro Rafael Palacios é o primeiro caldo galego en acadar esta distinción

O crítico Luís Guitiérrez da prestixiosa revista especializada The Wine Advocate cualificouno como un viño "impresionante" e "fóra deste mundo"

 

O viño Sorte O soro elabórase nunha única viña no Val do Bibei, no Bolo.
G24.gal 02/03/2022 22:15

O mellor viño branco do mundo é galego, un viño godello Sorte O Soro, de 2020, elaborado en Valdeorras, no concello ourensán do Bolo. Acaba de conseguir por primeira vez na historia os famosos 100 puntos Parker da prestixiosa publicación estadounidense especializada en caldos.

Deste viña Sorte O Soro con vides de Godello de 44 anos situada a 700 metros de altitude no val do bibei no Concello ourensán do Bolo sae o viño que acadou os 100 puntos Parker da revista máis prestixiosa no mundo do viño.

A viaxe que emprendeu hai 18 anos o adegueiro Rafael Palacios desde A Rioxa ata o Val do Bibei, onde se namorou do viño Godello e das características do solo desta terra, deron agora resultado. Un proxecto que iniciaron no ano 2009 cando comezaron a elaborar o branco 100 % Godello, o Sorte O Soro.  

Un soño cumprido para un apaixonado dos viños brancos que quixo elaborar un caldo único que trasmite emocións e que é "un viño de talla mundial", segundo o crítico de Parker. 

Cun solo granítico o adegueiro Rafael, o enólogo Pablo e os responsable do viñedo Anxo, conseguiron reflectir a esencia desta terra no seu viño.

E conseguiuno un viño cualificado polo crítico da revista Parker como impresionante e fóra deste mundo e que serve precisamente para posicionar o Godello de Valdeorras en todo o mundo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos