Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xapón quere comezar este verán a verter ao mar a auga radioactiva de Fukushima

O Xapón quere comezar este verán a verter ao mar a auga radioactiva de Fukushima

A China pediulle ao goberno de Tokyo que deteña os seus plans

 

G24.gal 05/07/2023 19:27 Última actualización 05/07/2023 20:14

O Xapón comezará este verán a descargar no Pacífico ao redor de 1,32 millóns de toneladas de auga radioactiva da accidentada central de Fukushima.

A operación desenvolverase ao longo de varias décadas e conta co visto e prace do Organismo Internacional da Enerxía Atómica. A OIEA di que non terá un impacto significativo sobre as persoas ou o medio natural.

As autoridades xaponesas din que a auga radioactiva será depurada e mesturada para retirarlle a maioría dos isótopos radioactivos (salvo o tritio) e mesturada con auga mariña.

Tokyo sostén que esta auga, aquela que se usa para arrefriar os reactores danados, terá unha concentración de tritio moi por baixo do tope legal establecido para a auga potable.

Con todo, o plan do Xapón xerou intranquilidade en países veciños como Corea do Sur ou A China, que nas últimas horas pediu deter o plan ao Goberno de Tokyo, ao que acusou de "forzar" a súa estratexia de maneira arbitraria.

Lembramos que tres reactores da central nuclear de Fukushima sufriron fusións parciais por mor do tsunami de 2011.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade