Cargando resultados...
O Xapón volverá potenciar a enerxía nuclear tras a moratoria polo accidente de Fukushima
O Xapón volverá potenciar a enerxía nuclear tras a moratoria polo accidente de Fukushima
Para afrontar a crise enérxetica e reducir emisións de CO2
G24.gal
24/08/2022 20:45
O Xapón estuda construír centrais nucleares de nova xeración e ampliar a vida útil das existentes 20 anos máis.
Poría así fin a moratoria implantada en 2011 tras o accidente de Fukushima. Con este impulso ás nucleares durante os próximos oito anos o Goberno xaponés quere reducir as emisións de C02 e afrontar a crise enerxética.
Xa prepara a reactivación de 17 reactores nucleares para paliar a posible escaseza de subministración eléctrica nos meses de inverno.