Premio Xerais de Novela: como se deciden os gañadores?
Premio Xerais de Novela: como se deciden os gañadores?
Persoas alleas ao mundo editorial, incluso deportistas ou profesionais liberais, integran os grupos que deciden os premiados
Presentáronse 103 orixinais ás tres categorías: Narrativa, Jules Verne de literatura xuvenil e Merlín de literatura infantil
Este xoves decidiuse un dos premios da literatura galega máis agardados, o Xerais, nas súas tres categorías. O xurado decide os gañadores, pero seus nomes non os coñeceremos ata o sábado 8 de xuño.
As deliberacións funcionan da seguinte forma: en cadansúa sala reúnense os membros das tres categorías: Narrativa, Jules Verne de literatura xuvenil e Merlín de literatura infantil. Son 5 persoas de distintos ámbitos, incluso alleos á literatura, mais o secretario, en representación da editorial.
Un exfutbolista como Sergio Álvarez forma parte, por exemplo, do grupo que debe decidir o premio máis importante, o de Narrativa. E outros casos son o de Antela Cid, actriz, que integra o xurado do Premio Jules Verne de literatura xuvenil; ou o de Andrea García, escritora, ilustradora e deseñadora, que xa publicou en Xerais, que participa como membro do xurado do Premio Merlín de literatura infantil.
A finais de marzo pechouse o prazo para presentar os orixinais. Logo de lelos, o xurado fixo xa un cribado nunha primeira xuntanza. Agora toca decidir entre tres finalistas.
103 obras compiten en total na actual edición, a de máis alta participación dos últimos anos. Predominan os temas de novela negra e tamén os que falan de distopías.
O premio está dotado con 10.000 euros e a publicación dunha tiraxe inicial de 2.500 exemplares. Os nomes dos gañadores están decididos, pero non se fará público o resultado ata o vindeiro sábado.