O xuvenil do Lugo Gonzalo Cuéllar, na UCI despois de ser agredido na rúa
O xuvenil do Lugo Gonzalo Cuéllar, na UCI despois de ser agredido na rúa
Ten 18 anos e é irmán de Jaume Cuéllar, xogador do primeiro equipo
O xogador do equipo xuvenil do Lugo Gonzalo Cuéllar recibiu un brutal golpe cando estaba nunha rúa da capital lucense e acabou na UCI do HULA.
Gonzalo é irmán de Jaume Cuéllar, xogador do primeiro equipo que chegou ao Club Deportivo Lugo hai dúas temporadas.
Segundo informou o club nun comunicado oficial de condena dos acontecementos: "Gonzalo estase a recuperar na UCI do complexo hospitalario de Lugo. Desde o club enviamos todo o noso apoio ao noso xogador e a toda a súa familia nestes duros momentos. Gonzalo presenta unha evolución favorable logo do último prognóstico recibido".
|CLUB|
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 16, 2023
Comunicado Oficial.
O CD Lugo condena enerxicamente a agresión sufrida polo seu xogador de base, Gonzalo Cuéllar