Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiro e COB xa coñecen o seu calendario

Obradoiro e COB xa coñecen o seu calendario

Os santiagueses abren o curso baloncestístico en Madrid contra o Estudiantes

O ano I de Moncho López en Ourense comeza no Paco Paz ante o Cartaxena

Un derbi como agasallo polo Nadal

Fonte: COB Fonte: COB
G24.gal 23/07/2024 12:41

Aínda restan dous meses para o comezo da competición, pero os representantes galegos na nova Primeira FEB xa coñecen os seus rivais

O Obradoiro inicia o seu camiño de retorno á ACB en Madrid. Un comezo difícil para os picheleiros, que se enfrontarán a un dos favoritos ao ascenso, o Movistar Estudiantes. O Fontes do Sar será o escenario onde o equipo santiagués peche a tempada. A Caldeira recibirá o Hestia Menorca na última xornada da fase regular.

Pola súa parte, Moncho López iniciará a súa andadura como técnico do COB ante o Odilo F. C. Cartaxena C. B. Os murcianos ascenderon a esta categoría a tempada pasada e acudirán ao Paco Paz na primeira cita do ano. Tamén en Ourense rematará o COB a campaña, contra un rival que parece que estará na loita polo ascenso: San Pablo Burgos.

O derbi entre os dous equipos galegos terá lugar o 29 de decembro. Un bo agasallo para os seareiros galegos deste deporte. Será o Obradoiro quen reciba ao Ourense.

O calendario completo da Primeira FEB O calendario completo da Primeira FEB
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos