Diogo Brito volve ao COB
Diogo Brito volve ao COB
O aleiro portugués chega despois de ascender á ACB co Força Lleida
É a súa segunda etapa no club, no que xogou a tempada 20/21
O conde de Varzim volve á casa. Foi a frase coa que o Club Ourense Baloncesto anunciou o regreso dun xogador do que teñen bos recordos. Diogo Brito únese ao proxecto de Moncho López, e faino despois dunha tempada en que obtivo bos números co Força Lleida, co que ascendeu á ACB.
Oito puntos, tres rebotes e dúas asistencias por partido fan que a contratación do aleiro portugués sexa ilusionante en Ourense. A isto hai que sumar que Moncho López coñece o xogador, co que coincidiu cando tiña 15 anos e comezaba a xogar ao baloncesto.
O COB perfila o seu cadro de xogadores de cara a un curso no que o obxectivo é meterse nos playoff para ascender á ACB. O novo proxecto é ambicioso e Diogo Brito cumpre as características para axudar a facer realidade o soño de todo Ourense.