A Xunta apoia a obra pública cun investimento de 188 millóns de euros no primeiro semestre
A Xunta apoia a obra pública cun investimento de 188 millóns de euros no primeiro semestre
A conselleira de Infraestruturas pide medidas ao resto de administracións para paliar a crise de materiais
O Goberno galego apoia a obra pública cun investimento de máis de 180 millóns de euros durante o primeiro semestre deste ano.
A repunta na licitación de obra pública e na construción contrasta co panorama que durante os últimos meses ameaza ao sector. Preocupa a suba sen precedentes do prezo dos materiais e a súa escaseza no mercado.
Para paliar esta crise a Xunta activou un mecanismo de compensación nas construcións con variacións no prezo dos materiais evitando a paralización de 170 obras. A responsable de infraestruturas pide o resto de administracións que tamén tomen medidas.
Ethel Vázquez salientou o apoio do Goberno galego á construción da autovía Vigo-O Porriño e insistiu en que mentres se libere do pago das peaxes aos cidadáns.