Ondiñas Fest, un festival solidario que reuniu distintas xeracións na Coruña
Ondiñas Fest, un festival solidario que reuniu distintas xeracións na Coruña
Protagonismo para nenos e maiores, este sábado, arredor da música e de diversas actividades artísticas
A Escola Infantil Municipal dos Rosales acolleu esta tarde o evento, unha feira solidaria con obradoiros e varias actuacións musicais.
O Ondiñas Fest é a culminación dun programa de colaboración interxeracional entre a escola infantil e os centros da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer da Coruña (AFACO) ao longo dos últimos meses.
A recadación obtida vai a beneficio de Médicos sen Fronteiras. O festival estaba ambientado nos anos sesenta. Ademais da música de Pabo Rubén Fernández, Carlos Bau e a Asociación Musical da Laracha, contou con diversas actividades.
Nenos e maiores puideron compartir sesións de costura creativa, arte efémera, cerámica, ioga e danza en familia.