Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as oposicións para optar a 127 prazas de auxiliar da Policía Local

Comezan as oposicións para optar a 127 prazas de auxiliar da Policía Local

Preséntanse máis de 600 aspirantes á primeira proba

Hai prazas en 32 concellos das catro provincias

G24.gal 27/04/2024 14:10 Última actualización 27/04/2024 15:14

Comezaron esta mañá en Silleda as probas para a cobertura de 127 prazas de auxiliar de Policía Local en diferentes concellos galegos. Máis de 600 aspirantes realizaron o exame teórico e as probas de galego. A terceira proba será a de aptitude física.

En total son 32 concellos das catro provincias os que reforzarán o seu cadro de persoal xa para a temporada de verán con novos axentes. Os 127 auxiliares que aproben e os que queden na lista de reserva deberán facer un curso de formación a maiores para seren contratados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade