Orbán logra a maioría de dous terzos para o seu cuarto mandato en Hungría
Orbán logra a maioría de dous terzos para o seu cuarto mandato en Hungría
Fracasa a coalición opositora Unidos por Hungría e entra no Parlamento a extrema dereita de Nuestra Patria
A lei homófoba húngara non sae adiante por non acadar no referendo o mínimo do 50 % de votos válidos
O ultranacionalista Victor Orbán gañou nas eleccións parlamentarias celebradas este domingo en Hungría.
Orbán, que afronta o seu cuarto mandato consecutivo, afirmou ante miles de simpatizantes que coreaban o seu nome que conseguiron unha enorme vitoria visible desde Bruxelas.
Co 92 por cento dos votos escrutados, o seu partido, Fidesz, vai camiño de conseguir 135 escanos no Parlamento. Iso significa que retén a maioría de dous terzos que lle permitiu facer en solitario cambios constitucionais nos últimos anos.
Pola súa parte, a oposición sumaría 56 diputados. Péter Márki-Zay, candidato da coalición de seis partidos denominada Unidos por Hungría, dixo que non podía ocultar a súa desilusión. Mentres, a extrema dereita de Nuestra Patria entra no Parlamento con 5 escanos.