Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os aeroportos españois volven á normalidade tras a caída mundial de Microsoft

Os aeroportos españois volven á normalidade tras a caída mundial de Microsoft

Aena asegura que xa non hai incidencias nas terminais polo apagamento informático

O mundo comeza a superar o caos xerado pola actualización dun software de CrowdStrike 

G24.gal 20/07/2024 13:59 Última actualización 20/07/2024 22:44

Os aeroportos volven á normalidade tras a caída mundial de Microsoft que obrigou a cancelar 400 voos en España este venres, un 6,5 % das operacións programadas no día.

Aena asegura que o funcionamento das terminais é xa o habitual dun sábado de verán. Con todo, no aeroporto de Palma de Mallorca suspenderon unha vintena de voos e os atrasos foron numerosos.

Os tres aeroportos galegos viviron unha xornada típica de tempada alta con 117 conexións programadas. No de Santiago-Rosalía de Castro había previstos 70 voos, 27 no de Vigo e 20 no da Coruña. 

Nas últimas horas as compañías aéreas traballaban aínda na recolocación de viaxeiros afectados polas cancelacións do venres.

Agora, o xestor aeroportuario asegura que xa non hai incidencias por mor do apagamento informático, polo que os atrasos ou anulacións de hoxe son competencia das aeroliñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade