Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os agricultores franceses permiten de novo a circulacións de camións

Os agricultores franceses permiten de novo a circulacións de camións

O Goberno de Macron anulou a suba do combustible agrícola

Os agricultores franceses aínda dificultan o tránsito en ducias de lugares
G24.gal 27/01/2024 19:46 Última actualización 27/01/2024 20:03

O tráfico de mercadorías polas estradas francesas comeza a normalizarse despois dunha semana de protestas dos agricultores do país veciño, tal e como pode verse na AP-7 nas inmediacións da fronteira de La Jonquera, aberta de novo este sábado ao tráfico pesado nos dous sentidos.

Os convocadores das mobilizacións manteñen a protesta en máis de trinta puntos das estradas e autoestradas do interior de Francia, onde dificultan o tránsito de camións. 

Intento de bloqueo

Dous dos sindicatos convocadores da mobilización trataron de pechar a maior parte dos accesos á París, pero a maioría non secundou unha protesta que podería bloquear a capital francesa.

Macron elimina a suba do gasóleo

A menos de seis meses para as eleccións europeas, e coa ultradereita coma favorita, o Goberno de Macron fixo importantes cesións para evitar a continuidade da revolta, entre elas a eliminación da suba do gasóleo agrícola.

Os convocadores agardan tamén polos resultados do diálogo aberto coa presidencia da Comisión sobre o futuro do agro europeo.

Os agricultores franceses quéixanse tamén da competencia dos produtos españois, máis baratos, polo que a mercadoría dalgúns camións rematou no chan ou queimada, sen que a policía interviñese. 

Dúas agricultoras falecidas

Os labregos mobilizados homenaxearon este sábado unha compañeira e a súa filla, que morreron atropeladas esta semana durante a protesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade